=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías definidas. A docencia impartirase a través do Campus remoto da Uvigo.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titoríías).
O alumnado deberá solicitar unha titoría que será atendida a través do Campus remoto.
* Modificacións (se proceder) dos contidos que se impartan
Non se modifica o temario.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as tres probas (prácticas, traballo tutelado e exame) pero redúcese o valor do exame ó 30% e sóbese o das prácticas ó 30% (cunha práctica máis) e o do traballo ó 40%.
«Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento».