Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grado en Lenguas Extranjeras
 Subjects
  Language for specific purposes
   Training and Learning Results
Code Description
A1
A2
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1
B2
B4
B6 Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural.
B8 Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico.
B10
C1 Capacidade para comunicarse nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
C4 Habilidade para adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
C5 Capacidade de adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
C6 Capacidade de construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
C7 Habilidade para participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
C9 Capacidade de planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
C10 Habilidade para mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e para ser competente de sensibilizar ás persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, capacidade de explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
C12 Habilidade para utilizar de forma competente as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación.
C13 Habilidade para ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000