Nesta guía docente recóllense as competencias que os alumnos deben adquirir neste curso, o calendario de actividades docentes previsto, os contidos e a súa programación temporal, unha estimación do volume de traballo do alumno e os criterios específicos de avaliación.
En Máquinas e Motores Navais estudaranse os sistemas de propulsión e sistemas auxiliares que se poden atopar nos barcos da Armada.
Esta materia do Grao en Enxeñaría Mecánica mostra ao alumno os principais tipos de motores navais, as configuracións dos sistemas de control e propulsión, e os sistemas auxiliares de frío, bombeo, depuración de auga, tratamento de augas fecais, etc.