A proba final ten como obxectivo a avaliación da aprendizaxe de todos os contidos teóricos seleccionados para a materia. Confeccionarase atendendo as seguintes características. En primeiro lugar, debe ser completa, é dicir,aspirará a cubrir toda a materia impartida, posto que se trata de xulgaro que o alumno sabe dunha materia, non dunha parte dela. En segundo termo, debe conter problemas e cuestións, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ondas teorías expostas na clase. Realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. As probas intermedias (2) teñen por obxecto un mellor seguimento da materia por parte do alumno, e nas que se avaliarán parte dos contidos. O ensino baseado en proxectos de aprendizaxe realizarase a través de traballo en grupos de alumnos, e suporá o 25% da nota. O proxecto deberá ser avaliado de maneira que se garanta a exixibilidad individual e a interdependencia positiva, isto é, todolos membros do grupo deben traballar e contribuír ao produto final e deben dominar,minimamente,todos os aspectos do proxecto. Todos deben demostrar, por tanto, coñecemento profundo do produto entregado, independentemente da parte na que centraran os seus esforzos. A avaliación das prácticas levará a cabo mediante memorias, onde se avaliará o alumno sobre os coñecementos adquiridos no laboratorio. Suporá o 10% da nota. A avaliación sumativa final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa nota de avaliación continua (NEC). Para superala materia por Avaliación Continua a nota final (NEC) deberá ser maior ou igual a 5, e calcularase do seguinte modo: NEC = 0,04·PF +0,10·PI1 + 0,15·PI2 + 0,25·EBP + 0,1·MP Se a NEC é menor de 5, o alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota. Ademais, o alumno deberá presentarse ó exame ordinario nos seguintes supostos: - A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores. - Obter unha nota inferior a 4 sobre 10 en calquera das dúas partes do exame final de avaliación continua. En calquera destes supostos, a nota de avaliación continua calcularase como: NEC FINAL = min (4,NEC). Tamén poderán acudir ao exame ordinario todos aqueles alumnos que desexen mellorar a súa cualificación obtida por avaliación continua. Tanto no exame ordinario como no extraordinario (convocatoria de xullo) avaliaranse todas as competencias da materia. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que os alumnos teñan un comportamento ético adecuado. Se se detecta un comportamento pouco ético (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou outros) penalizarase ao alumno coa imposibilidade de superar a materia pola modalidade de avaliación continua (na que obterá unha cualificación de 0.0). Se este tipo de comportamento detéctase en exame ordinario ou extraordinario, o alumno obterá na devandita convocatoria unha cualificación en acta de 0,0. |