Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio integrado: Procedementos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba en equipo na que se analizará unha necesidade para interpretala e buscar unnha solución como produto final.
15 A5
C5
C14
D3
Prácticas de laboratorio Carpeta de campo. Avaliación progresiva da asimilación de contidos, da calidade técnica, da iniciativa na experimentación e a procura propia de recursos. 35 A5
C4
C5
C14
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios A asimilación de todos os contidos teórico-prácticos da materia e as habilidades para aplicalos haberá de demostrarse no proxecto final. Valorarase o proceso de investigación con técnicas e materiais, o nivel de acabado e a toma de iniciativa na experimentación, así como a achega dunha linguaxe persoal á proposta e a adecuación a aplicacións dentro do ámbito do deseño gráfico e o deseño de moda. 40 A5
C4
C5
C14
D3
Observación sistemática Valorarase a asistencia, o grao de interese, o seguimento de exercicios e a participación activa na materia, así como a evolución na traxectoria do curso. 10 A5
C5
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

Avaliación continua

No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseado na combinación das tipoloxías de actividades indicadas anteriormente, e coas porcentaxes de avaliación indicadas arriba. 

Para superar a materia por esta modalidade, será necesario entregar todos os exercicios e traballos obrigatorios establecidos, acadar unha cualificación final igual ou superior a 5 sobre 10 e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos traballos obrigatorios. Se algún exercicio ou traballo obrigatorio obtén unha cualificación inferior a 4, non ponderará para superar a materia na convocatoria ordinaria e o alumnado deberá presentarse á segunda convocatoria.

Para acollerse á metodoloxía de avaliación continua deberá constar unha asistencia mínima do 80% das horas totais da materia.

Avaliación global

O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua.

A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía de avalición continua, ademais de superar un exame teórico-práctico, a desenvolverse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. 

Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: 

Resolución de problemas de forma autónoma: 60 % 

Exame: 40%

Segunda convocatoria 

Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na avaliación continua, ademais de superar un exame teórico-práctico. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, que terá lugar en data oficial.

A avaliación na segunda convocatoria será da seguinte maneira: 

Resolución de problemas de forma autónoma: 60% 
Exame: 40%

A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria.

Datas de avaliación:

Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: 

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000