Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Pontevedra
 Materias
  Práctica Civil II
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.
B2 CON-02 Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.
B6 CON-06 Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.
B7 CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
B8 CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.
C1 HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
C3 HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
C6 HAB-06 Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
D1 COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
D2 COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento.
D4 COMP-04 Coñecer e aplicar as técnicas máis pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cuantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas.
D6 COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.
D7 COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000