Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Elaboración da mensaxe publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos seminarios exporase un briefing sobre a creación dunha marca para a súa resolución na aula. 20 A2
C5
C6
C9
D2
Presentación Terase en conta a exposición, asistencia, participación e actitude do alumno cun peso do 10% 10 A2
C5
C9
C13
Exame de preguntas obxectivas Realizásese proba de tipo test ao finalizar o curso 40 A2
C9
C13
Traballo Exporase un briefing para a realización dunha proposta creativa completa dunha campaña publicitaria. O traballo terá un carácter secuencial: partindo do briefing proporcionado aplicarase todo o proceso e pasos necesarios para realizar unha proposta creativa coherente cos obxectivos expostos. 30 A2
C6
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre). 

2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro.

3. Descrición da avaliación global: 

Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá:

- Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota)

- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)

- Entregar un traballo consistente na elaboración dunha campaña publicitaria en base a un briefing definido polo equipo docente (20% da nota)

Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles.

4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global.

5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000