Educational guide 2025_26
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Programación para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición pública dos traballos tutelados ou análises de caso 15 B4
Estudo de casos Elaboración de análise sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co contexto e a realidade televisiva. 20 B1
B2
Traballo tutelado Traballos investigación e/ou propostas creativas revisados e orientados pola docente.
1.- Análise de grellas, estratexias de programación e audiencias
2.- Análise de identidade televisiva.
3.- Creación de formato televisivo.
35 B2
C11
D1
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia 30 B1
B2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA



  • Para poder optar a estas porcentaxes na avaliación, deberán entregarse a totalidade dos traballos titorizados, estudos de caso e realizar as súas presentacións na aula.



  • A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindíbel asistir ás sesións prácticas. Aquel alumnado con máis dun 25% de faltas de asistencia sen xustificar non será avaliado.



  • O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.



  • Aquel alumnado que por causas xustificadas non poida acudir ás clases con regularidade deberá optar polo sistema de avaliación global.



  • Non serán avaliados os traballos entregados fóra da data establecida.



  • O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/fin de carreira será o mesmo ca o da convocatoria ordinaria do cuadrimestre, coa excepción de que as probas prácticas (traballos titorizados e estudos de caso) deberán realizarse de forma individual.





INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL



  • O sistema de avaliación global aplicarase ao alumnado que renuncie expresamente ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia.



  • Esta renuncia deberá formalizarse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado pola Xunta da Facultade de Comunicación e despois de informar á docente.



  • O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (30%), un exame con varias probas de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia, que se realizarán de forma individual (30%) e serán presentados diante da docente (20%).



  • Deberán superarse cada unha das probas por separado para poder aprobar a materia.



  • As probas da avaliación global realizaranse unicamente na data oficial aprobada polo centro.



  • As probas centradas nos proxectos non se recollerán fóra desa data oficial.



  • Non se ofrecerán sesións de titoría que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.



  • Non se facilitará material adicional ao xa incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para o alumnado que renuncie ao sistema de avaliación continua.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000