Educational guide 2026_27
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Programación para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición pública dos traballos tutelados ou análises de caso 15 B4
Estudo de casos Elaboración de análise sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co contexto e a realidade televisiva. 20 B1
B2
Traballo tutelado Traballos investigación e/ou propostas creativas revisados e orientados pola docente. 35 B2
C11
D1
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia 30 B1
B2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA

- Para poder optar a estas porcentaxes na avaliación deben entregarse a totalidade dos traballos tutelados e realizar as súas presentacións.

- A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións de prácticas. Aqueles/as alumnos/as con máis dun 25% de faltas de asistencia sen xustificar non serán avaliados.

- O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.

- Para poder superar a materia, debe aprobarse tanto a parte práctica (70%) como a parte teórica-exame (30%).

- Aquelas alumnas e alumnos que por causas xustificadas non poidan acudir ás clases con regularidade deberán optar polo sistema de avaliación global. 

- Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida.

- O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/fin de carreira será o mesmo que para a convocatoria do propio cuadrimestre, coa excepción de que as probas prácticas (traballos tutelados e estudos de caso) deben realizarse de forma individual. 


INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE *EVALUACIÃ�*N GLOBAL: 

- O sistema de avaliación global aplicarase aqueles alumnos ou aquelas alumnas que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia. 

- Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade Comunicación e tras ser informada a docente. 

- O sistema de avaliación global estará composto polo exame oficial de carácter teórico (30%), un exame con varias probas de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia que se realizarán de forma individual (35%) e serán presentados ante a docente (15%)

- Deberán aprobarse cada unha das probas por separado para poder superar a materia. 

- As probas da avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro. 

- As probas centradas nos proxectos e non se recollerán fose desa data oficial. 

- Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos ou vistos nas sesións presenciais. 

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado á plataforma de*teledocencia Moovi para aqueles alumnos ou aquelas alumnas que renuncien ao sistema de avaliación continua. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000