Orientarase ao alumnado a elixir a bibliografía adecuada para completar ou realizar os seus propios temas. Axudar a resolver os problemas e dúbidas con que se atopen nas prácticas de laboratorio.
Lección maxistral
Facilitar as ferramentas para que poidan resolver por si mesmos as cuestións que xurdan unha vez estudados os temas impartidos nas sesións maxistrais e nas prácticas. Indicarase a bibliografía axeitada para que poidan resolver as dúbidas da materia
Traballo tutelado
Aconsellarase o alumnado a elexir a bibliografía actualizada sobre o tema co que teñen que traballar. Daranse consellos de como deben facer a exposición oral do tema e que ferramentas poden ser utilizadas.