Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Edafoloxía
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
B3 Coñecemento dos procesos de degradación que afecten os sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
C10 Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñaría. Climatoloxía. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: ciencias do medio físico: xeoloxía, edafoloxía e climatoloxía.
D2 Capacidade de comunicación oral e escrita en español ou en inglés
D4 Sostenibilidade e compromiso ambiental
D5 Capacidade para a xestión da información, análise e síntese
D6 Capacidade de organización e planificación
D8 Capacidade para resolver problemas, razoamento crítico e toma de decisións
D9 Capacidade de traballo en equipo, habilidades en relacións interpersoais e liderado.
D10 Aprendizaxe autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000