Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
 Materias
  Xestión dos RR. HH. do Proxecto, as Comunicacións e Xestión dos Interesados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 40
Traballo tutelado Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios
variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do ?como facer as cousas?. Constitúe
unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe
40
Lección maxistral Proba tipo test dos contidos das sesións teóricas/maxistrais 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Na 1ª convocatoria o exame terá unha valoración do 20%, o traballo un 40%, e o dossier de exercicios / estudos de casos realizados en clase un 40%. As entregas deberán realizarse en tempo e forma para ser avaliadas. 

b) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na 2ª edición. 

c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000