Na materia "Cálculo avanzado de estruturas aeroespaciais" partimos dos coñecementos máis xerais adquiridos na titulación sobre o funcionamento das estruturas, para concretar estruturas de uso aeroespacial, que teñen requisitos que as diferencian doutras estruturas. Despois de rematar o curso, o alumno debe ser capaz de deseñar e analizar as combinacións de estruturas e materiais nas condicións de contorno máis habituais na industria.