Educational guide 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Xénero e educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización en grupo dun Proxecto de Intervención socioeducativa con perspectiva de xénero 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C8
C12
D1
D2
D18
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame no que se plasme que se entenderon os contidos fundamentais da materia 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C8
C12
D1
D2
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado asistente e o non asistente ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.

Avaliación continua (presencial) (alumnado asistente): realización dun proxecto grupal de intervención socioeducativa con perspectiva de xénero (50%) e exame final da materia (50%).

O proxecto constitúe un produto único que será avaliado globalmente ao remate do cuadrimestre mediante unha rúbrica específica. A súa valoración terá en conta a identificación e análise do problema socioeducativo, a fundamentación teórica da proposta, a incorporación da perspectiva de xénero, a coherencia interna do deseño, a capacidade crítica e a viabilidade da intervención.

A participación nas actividades desenvolvidas durante os grupos medianos (GM) forma parte dos requisitos da avaliación continua. As diferenzas acreditadas de participación entre os membros dun mesmo grupo poderán dar lugar a axustes individuais da cualificación final.

A asistencia ás sesións de GM é obrigatoria, salvo causa xustificada segundo a normativa da Universidade de Vigo. As actividades prácticas desenvolvidas nestas sesións non son recuperables, agás nos casos de ausencia xustificada.

A asistencia ao 80% das sesións de GM constitúe un requisito para manter a modalidade de avaliación continua. O incumprimento deste requisito implicará a perda desta modalidade e a incorporación ao sistema de avaliación global previsto para o alumnado non asistente .

Avaliación global (non presencial) (alumnado non asistente): realización dun proxecto individual de intervención socioeducativa con perspectiva de xénero (50%) e exame final da materia (50%). O proxecto deberá incluír, como mínimo: identificación dun problema socioeducativo relacionado co xénero, análise da súa dimensión educativa e social, fundamentación teórica baseada nos contidos da materia, deseño dunha intervención socioeducativa, e a análise crítica dos seus límites, riscos e posibles exclusións.

Para ambas modalidades de avaliación, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade ( http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo"datas exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

O emprego de ferramentas de IA nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da FETS (https://fcce.uvigo.es/gl/o-centro/normativa-e-formularios/#normativa) e á Normativa que estableza a UVigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000