Proporcionaranse orientacións sobre a planificación, deseño e realización do traballo. Os estudantes deben asistir a unha sesión de 2.5 horas. O horario pode consultarse na web da facultade no espazo 'horarios´.
Traballo tutelado
Supervisión e orientación ao estudante na temática, metodoloxía, elaboración e presentación e calquera outro aspecto académico, así como falicitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa.
Presentación
O/a estudante exporá e defenderá publicamente diante dun tribunal unipersoal o seu TFG. A
exposición durará un máximo de dez minutos. O tribunal unipersoal disporá de cinco minutos para
formular as cuestións relativas ao TFG que considere oportunas e o alumno ou alumna dun máximo
de cinco para responder a estas.