A importancia da creatividade artística no contexto da educación, da arte, da cultura e da sociedade contemporáneas é innegable, xa que a transformación e a diversidade dos patróns culturais están estreitamente vinculados co potencial da imaxinación construtiva e a carga emotiva da obra de arte, así como co desenvolvemento dun pensamento orixinal e innovador e unha forma de actuar diverxente que guía e promove a creación de obras artísticas novidosas e orixinais.
A través do obradoiro de creatividade, o alumnado estuda os patróns estéticos subxacentes na súa contorna mediante a investigación en artes plásticas, promovendo así unha educación máis integral e unha visión máis aberta e diverxente. Este enfoque fomenta descubrimentos a través do estudo de diversas técnicas artísticas, permitindo a creación de novas obras baixo unha concepción didáctica que fomenta a sensibilidade cara a contorna artística-plástica e a formación estética.