Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Capacitar ao alumnado para a administración e dirección de todo tipo de entidade ou organización deportiva |
B2 |
Favorecer o contacto directo co sector deportivo |
B3 |
Ofrecer unha visión integradora dos distintos subsistemas que configuran o sistema organización/empresa no sector deportivo |
B4 |
Coñecer e comprender a evolución do deporte dende o seu compñente económico-empresarial |
C2 |
Coñecer a importancia do xestor deportivo e o seu amplo abano de ocupación: clubs deportivos, federacións, xinasios, instalacións deportivas, padroados de deportes, empresas privadas, administracións públicas, etc... |
C3 |
Ofrecer aos profesionais da xestión deportiva novos métodos de traballo aplicables á súa actividade laboral. |
C4 |
Aproveitar os novos desafíos que ofrecen os grandes eventos deportivos como acontecementos de carácter global. |
C5 |
Manexar un conxunto variado de métodos de investigación dirixidos a resolver asuntos relativos á xestión do sector deportivo. |
C6 |
Adquirir coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial |
D2 |
Capacidade de traballo en equipo, desenvolvendo habilidades de liderado e de relación interpersoal. |
D4 |
Capacidade de aplicar o coñecemento á práctica. |
D5 |
Compromiso ético e de responsabilidade social. |
D6 |
Habilidades de comunicación verbal e non verbal. |