A creación e dirección, así como a xestión da innovación, tanto de empresas como de outras institucións/organizacións públicas e privadas, require profesionais cualificados que presenten un amplo conxunto de habilidades que lles permita desenvolver o seu traballo con éxito.
Esta cualificación obtense cun conxunto de materias que aportan os coñecementos específicos e as habilidades propias da dirección e outras de natureza instrumental.
Máis concretamente, a materia pretende familiarizar e adestrar aos alumnos en recursos e estratexias que faciliten o desenvolvemento do labor directivo optimizando o rendemento orientado á consecución do obxectivo en función da organización.
O constante cambio ao que se encontra sometida a actividade empresarial esixe a os seus profesionais a adaptación continua a este complexo panorama e para iso nada mellor que botar man das habilidades directivas, que axudarán ao alumno a mellorar a comunicación, a xestión de equipos ou a tomar decisións ante situacións complexas e conflitivas, favorecendo así unha imaxe de autoeficacia e satisfacción persoal.