O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. -- Avaliación continua. En caso de non renunciar á avaliación continua: Neste caso o alumnado deberá realizar unha serie de actividades e un conxunto de exercicios durante o curso que valerán o 33% da nota respectivamente. -- Avaliación global. O alumnado será avaliado mediante unha proba teórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba representa o 100% da nota. No suposto de non superar a nota en primeira oportunidade, o alumnado poderá ser avaliado de novo na segunda oportunidade a través dunha probateórico-práctica na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba suporá o 100% da nota. En convocatorias posteriores (fin de carreira), o alumnado poderá ser avaliado de novo a través dunha proba teórico-práctico na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade. Esta proba suporá o 100% da nota. En todos os casos necesitarase unha nota media igual ou superior a 5 para superar a materia. No caso de avaliación continua, será necesaria unha nota mínima de 4 en cada actividade ou parcial para que faga media co resto e unha nota media igual ou superior a 5; en caso contrario non se superará a materia. En caso de avaliación global, necesitarase unha nota mínima de 4 en cada unha das partes da proba (teoría e práctica) para facer media, e unha nota igual ou superior a 5 para aprobar a proba de avaliación. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da Facultade . |