Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIA: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización e presentación dun tema 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B6
B7
C14
C15
D3
D5
Lección maxistral Análisis da adquisición de contidos globais presentados nestas sesiones 5 A3
A4
B4
B5
B8
Resolución de problemas Realización de actividades prácticas que practiquen as destrezas lectoras mais necesarias no ámbito turístico. 10 B4
B5
C14
C15
Actividades introdutorias Evaluación de competencias comunicativas de recepción oral. 10 A4
A5
D5
Prácticas de laboratorio Realización de actividades contextualizadas. Léxico específico 20 A4
B7
C14
C15
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e producción oral e escrita 20 B1
B4
B5
B8
C14
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exercicios e actividades prácticas que resuman os contidos xerais do curso nas principales destrezas comunicativas orales 20 B5
B6
B7
C14
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá pór en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. 

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis adecuado para a aprendizaxe da materia. Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá entregar o 80% das tarefas programadas e realizar as probas descritas no apartado A.1

O prazo para mudar de avaliación contínua a global é de un mes dende o comenzó do período da docencia.

A Avaliación Global realizarase nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida no calendario académico aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado deberá realizar as seguintes probas:

- Speaking (20%): Unha  proba que terá lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Writing (20%): Unha proba que terá lugar nas datas indicadas no cronograma.

- Listening (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Reading (10%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

- Use of English (40%): unha proba que terá lugar na data indicada no cronograma.

As datas das probas de avaliación continua serán anunciadas no cronograma publicado na páxina web da Facultade.

Para superar a materia será necesario:

1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media aritmética das probas escritas: Use of English (40%), Writing (20%), Listening (10%) and Reading (10%).

2) Obter unha nota mínima de 5 na proba de speaking (20%).

Os exames e probas da avaliación continua non realizadas contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación continua. Para a segunda edición das actas (xullo) conservaranse as partes aprobadas da materia: a) parte escrita da materia (incluíndo Use of English, writing, reading e listening) b) parte oral da materia (speaking).

A.2) Avaliación única

O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. O exame final escrito terá as seguintes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

O examen oral final (só para o alumnado de avaliación final) terá lugar no mesmo día que o exame escrito final e suporá o 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesaria unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames de avaliación única non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias da avaliación única.

A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. Para a segunda edición de actas (xullo) conservaranse as partes aprobadas: a. exame oral (speaking) ou b. exame escrito (incluíndo use of English, writing, reading e listening).

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo):

O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición de actas:

- O exame escrito terá as siguientes porcentaxes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (10%), Listening (10%).

- O exame oral terá lugar no mesmo día que o exame escrito e suporá un 20% da nota final.

Para aprobar a materia, será necesario obter unha nota mínima de 5 tanto no exame escrito como no exame oral. Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán como un 0 á hora de calcular as medias.

A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores.

 As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000