| Código |
Descrición |
| A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
| A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
| A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
| A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
| B8 |
Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo |
| B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado |
| B10 |
Capacidade para tornar un problema empírico en obxecto de investigación e elaborar conclusións |
| C1 |
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos axentes económicos que interveñen no turismo e das relacións que se establecen entre eles. |
| C8 |
Comprender e interpretar coñecementos ao respecto do marco legal que regula as actividades turísticas. |
| C12 |
Comprender o comportamento das persoas en empresas turísticas e aplicar as técnicas e métodos de dirección de persoal |
| C13 |
Avaliar alternativas de planificación, dirección e control de empresas turísticas, así como saber tomar decisións estratéxicas. |
| D1 |
Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos |
| D2 |
Compromiso ético |
| D4 |
Iniciativa empresarial |