Na sesión maxistral explicaranse as cuestións fundamentais da materia. Calquera dúbida pode ser consultada tanto na aula como nos horarios de titoría que se publicarán na páxina web da facultade e que se realizarán virtualmente. As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros da plataforma de teledocencia ...) baixo a modalidade de concertación previa.
Resolución de problemas
Orientarase ao alumnado na resolución das actividades propostas. As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros da plataforma de teledocencia ...) baixo a modalidade de concertación previa.