Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito romano
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

Mantéñese para a modalidade virtual todas as metodoloxías previstas na guía docente.

No caso de que a docencia teña que ser impartida de xeito virtual polas circuntancias descritas con anterioridade, a modalidade de docencia será sincrónica, tanto na parte teórica coma na parte práctica, mediante a utilización do campus remoto da Universidade de Vigo ou campus integra que se combinará co uso da plataforma FAITIC, MOOVIE, ou moddle para o contacto co alumnado e para subir material.


* Metodoloxías docentes que se modifican:

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Utilización do correo electrónico institucional e dos despachos virtuais do profesorado

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:
Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Non procede.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que a avaliación final non poida realizarse presencialmente mantense os criterios de avaliación xa previstos na guía docente.
De manterse a situación de excepcionalidade na segunda oportunidade, a adquisición de competencias avaliarase a través de dunha proba obxectiva, consistente nun exame final de cada unha das partes nas que se divide a materia -parte teórica e parte práctica- Para esta proba utilizaranse as ferramentas que indiquen os órganos competentes. Nas devanditas probas avaliaranse as competencias non adquiridas previamente así como os resultados de aprendizaxe vinculadas ás mesmas.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal