| Código |
Descrición |
| A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
| A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
| B2 |
Coñecer o territorio (ambiente, sociedade, cultura) dende unha perspectiva diacrónica e sincrónica |
| B3 |
Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica |
| C2 |
Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía Humana |
| C3 |
Coñecemento das claves e desenvolvemento dos espazos xeográficos, (aspectos físicos, humanos, económicos) na súa dinámica socio-territorial |
| C4 |
Conciencia crítica da relación entre os fenómenos xeográficos, físicos e humanos, a diferentes escalas territoriais |
| C5 |
Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais |
| C6 |
Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica |
| C7 |
Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais |
| C8 |
Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo |
| D1 |
Capacidade de análise e síntese |
| D4 |
Comunicación oral e escrita no idioma propio |
| D5 |
Capacidade de xestión da información e o coñecemento |
| D7 |
Capacidade de razoamento crítico |
| D9 |
Traballo en equipo en diversos contextos |
| D11 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma |
| D15 |
Sensibilidade a temas ambientais. |