1. MODALIDADE MIXTA
1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
As leccións maxistrais, prácticas de laboratorio e resolución de problemas (seminarios) serán impartidas, unha parte de modo presencial e outra parte de modo online a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo (con apoio de distintas plataformas como FAITIC, Moodle, Youtube, etc. e co posible uso de diversas ferramentas como: PowerPoint, OpenBoard, OBS, etc.). A docencia presencial estará adaptada aos requirimentos esixidos en función dos acontecementos.
1.2. AVALIACIÓN
Probas xa realizadas: As probas xa realizadas manterán a súa nota.
Probas pendentes: As probas pendentes de avaliar serán avaliadas de maneira análoga á modalidade presencial, é dicir, non sufrirán adaptación ningunha.
1.3. TUTORÍAS
As tutorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor (sempre con cita previa enviando un email ao profesor).
1.4. CONTIDOS A IMPARTIR
Os contidos a impartir serán os mesmos que os impartidos en modalidade presencial.
2. MODALIDADE NON PRESENCIAL
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
As leccións maxistrais, prácticas de laboratorio e resolución de problemas (seminarios) serán impartidas a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo (con apoio de distintas plataformas como FAITIC, Moodle, Youtube, etc. e co posible uso de diversas ferramentas como: PowerPoint, OpenBoard, OBS, etc.).
2.2. AVALIACIÓN
Probas xa realizadas: As probas xa realizadas manterán a súa nota.
Probas pendentes: As probas pendentes de avaliar serán avaliadas de maneira análoga á modalidade presencial, é dicir, non sufrirán adaptación ningunha.
2.3. TUTORÍAS
As tutorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor (sempre con cita previa enviando un email ao profesor).
2.4. CONTIDOS A IMPARTIR
Os contidos a impartir serán os mesmos que os impartidos en modalidade presencial. |