Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba tipo test (Cuestionario 1 e Cuestionario 2) sobre os contidos da materia para a avaliación das competencias adquiridas, que inclue preguntas con distintas alternativas de resposta, utilizando as ferramentas de entrega nas datas programadas. Os resultados de aprendizaxe son: Coñecer a evolución na protección do Patrimonio Arquitectónico no seu contexto territorial e os procedimientos e mecanismos necesarios para a súa protección |
30 |
|
B1
|
C8 C15
|
D9
|
Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre. As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Estudo de casos (60%) e Resolución de problemas e/ou exercicios (40%). O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente. |