Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
  B2 Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
  B3 Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica
  B4 Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
Sinale C Código Habilidades
  C1 CE1 - Coñecer a normativa legal de Dereito internacional privado, nacional, comunitaria e convencional, así como os problemas de aplicación das devanditas normas dado o carácter unitario do ordenamento xurídico.
  C2 CE2 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito internacional privado e abordar a súa solución de modo interdisciplinar
  C3 CE3 - Coñecer o concepto e fontes do Dereito Mercantil, así como o réxime xurídico do empresario individual e as sociedades mercantís
  C4 CE4 - Saber interpretar e aplicar as normas mercantís relativas ao empresario individual e social
  C5 CE5 - Coñecer a regulación dos títulos-valores e dos contratos mercantís
  C6 CE6 - Saber interpretar e aplicar as normas relativas aos títulos valores e contratos mercantís
  C7 CE7 - Reconstruír e avaliar argumentacións xurídicas complexas
  C8 CE8 - Coñecer dende a Teoría do Dereito as principais institucións xurídicas, as funcións do Dereito, as características dun ordenamento xurídico: unidade, coherencia, integridade; os principios e valores constitucionais coa finalidade de poder aplicar estes coñecementos na resolución pacífica dos problemas dunha sociedade actual, utilizando a interpretación e argumentación xurídicas como consecuencia dun pensamento crítico, lóxico e creativo
  C9 CE9 - Coñecer o marco normativo regulador das relacións laborais individuais e colectivas e de Seguridade Social
  C10 CE10 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e abordar a súa solución mediante o manexo e interpretación de fontes e doutrina xudicial
  C11 CE13 - Coñecer os principios de funcionamento que rexen nunha economía de mercado, comprender o comportamento dos distintos axentes económicos e coñecer os principais problemas económicos
  C12 CE14 - Ser capaz de utilizar os principios e conceptos económicos como ferramenta para argumentar economicamente, identificar os problemas económicos e abordar a súa solución a través das políticas adecuadas a cada situación
  C13 CE17 - Coñecer o ordenamento xurídico romano, que é a base de todos os ordenamentos xurídicos europeos
  C14 CE18 - Ser capaz de resolver calquera problema xurídico, teórico ou práctico, de Dereito privado
  C15 CE19 - Coñecer de forma sistemática contidos propios da parte xeral do Dereito Administrativo manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doctrinais
  C16 CE20 - Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran con carácter xeral un expediente administrativo e de actuar conforme a Dereito nun procedemento, tanto desde da posición da Administración como desde a das persoas e empresas interesadas
  C17 CE21 - Coñecer de forma sistemática a nivel introductorio ou de detalle algúns contidos propios da parte especial do Dereito Administrativo, manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doctrinais.
  C18 CE24 - Coñecer o modelo de distribución do poder financeiro en España, así como os ingresos públicos (en especial, os tributos: os seus elementos esenciais e os procedementos de aplicación) e as normas que rexen o gasto público.
  C19 CE25 - Saber interpretar e aplicar as normas do ordenamento xurídico financeiro
  C20 CE26 - Coñecer os principais impostos do sistema tributario estatal, autonómico e local
  C21 CE27 - Ser capaz de identificar os elementos esenciais dos devanditos impostos (feito impoñible, suxeitos pasivos, etc), así como saber aplicar as súas regras de cuantificación e de determinación da débeda tributaria
  C22 CE28 - Dominar as novas tecnoloxías aplicadas ao dereito
  C23 CE29 - Ser capaz de manexar fontes xurídicas informatizadas
  C24 CE30 - Coñecer a historia do Dereito español no seu conxunto, a través das distintas etapas históricas, especialmente as Fontes e as institucións político-administrativas de cada época e comprender a evolución do noso Dereito até a actualidade
  C25 CE31 - Ser capaz de manexar, dominar e interpretar as principais fontes do Dereito histórico español.
  C26 CE32 - Coñecer a organigrama xurisdiccional español e da U.E., a organización e funcións do persoal xurisdiccional e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, así como as institucións básicas do proceso civil e as súas modalidades procedimentais.
  C27 CE33 - Ser capaz de identificar os problemas xurídicos-procesuais de carácter civil e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da normativa procesual civil
  C28 CE34 - Coñecer as institucións básicas do proceso penal e o funcionamento práctico do mesmo nas súas diversas modalidades procedimentais.
  C29 CE35 - Ser capaz de identificar os problemas xurídicos-procesuais de carácter penal e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da normativa procesual penal
  C30 CE38 - Coñecer a teoría constitucional e as normas constitucionais que fundamentan a organización do Estado Español, en especial a creación normativa e os diferentes órganos do Estado así como a súa composición, funcionamento e funcións
  C31 CE39 - Saber interpretar e aplicar as normas constitucionais
  C32 CE40 - Coñecer os Dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución española así como os sistemas de garantías deses dereitos e as normas aplicables
  C33 CE41 - Saber interpretar e aplicar as normas que regulan os dereitos fundamentais así como as súas garantías
  C34 CE42 - Saber interpretar e aplicar a nova normatividade xerada polas devanditas transformacións
  C35 CE43 - Coñecer o ordenamento xurídico internacional, identificar os seus problemas de aplicación e saber abordar a súa solución
  C36 CE44 - Ser capaz de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico-internacional
  C37 CE45 - Coñecer a estrutura organizativa e institucional da UE, así como o Ordenamento xurídico comunitario e as súas fontes e incidencia no ordenamento nacional así como as súas relacións co ordenamento xurídico internacional
  C38 CE46 - Ser capaz de manexar e interpretar o ordenamento xurídico comunitario
  C39 CE47 - Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Obrigacións, á Teoría Xeral da Contratación e aos Contratos en particular, con referencia á responsabilidade civil contractual e extracontactual
  C40 CE48 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito civil, abordando a súa solución mediante a procura, interpretación e aplicación da normativa civil aplicable ao suposto concreto
  C41 CE49 - Coñecer as normas civís relativas aos Dereitos Reais en canto á súa adquisición, extinción e perda, cun específico estudo do dereito real de propiedade e dos dereitos reais limitados, xunto cos modos de publicidade dos devanditos Dereitos reais
  C42 CE50 - Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Familia con especial referencia ao matrimonio, as súas crises e ás institucións de custodia e garda de menores e incapacitados, así como ao dereito de sucesións desde a perspectiva do dereito común e do dereito territorial galego
  C43 CE51 - Coñecer o concepto de Dereito penal, os criterios de aplicación temporal e espacial das normas penais, a Teoría Xeral do delito e as consecuencias xurídicas do delito
  C44 CE52 - Saber interpretar e aplicar as normas de Dereito penal prestando especial atención ao seu desenvolvemento pola doutrina penal española e comparada
  C45 CE53 - Coñecer as distintas figuras delituosas (delitos e faltas) contidas no Código Penal e nas leis penais especiais, o seu ámbito de aplicación e os criterios de interpretación legal, xurisprudencial e doctrinal
  C46 CE54 - Ser capaz de identificar problemas de Dereito penal e de achegar solucións xuridicamente admisibles aos supostos prácticos, manexando adecuadamente as fontes, os principios e valores constitucionais, e a argumentación xurídica
  C47 CE55 - Comprender os Estados Financeiros obrigatorios das empresas
  C48 CEI 1 - Comprender e coñecer o conxunto normativo internacional da sustentabilidade composto por convenios e por regulación ou formularios promovidos por organizacións non gobernamentais.
  C49 CEI 2- Ser capaz de identificar os problemas xurídicos propios do Dereito internacional do desenvolvemento sustentable, abordando a súa solución de modo interdisciplinar, así como ser capaz de interpretar e analizar críticamente os aspectos xurídico-técnicos propios da litigación internacional.
  C50 CEI 3 - Coñecer a protección dos signos distintivos e invencións e as normas que disciplinan a competencia dos empresarios no mercado.
  C51 CEI 4 - Saber interpretar e aplicar as normas relativas aos signos distintivos e invencións e as normas de defensa da competencia e competencia desleal.
  C52 CEI 5 - Coñecer os elementos fundamentais do proceso concursal desde o seu inicio ata a súa finalización.
  C53 CEI 6 - Saber interpretar e aplicar as normas mediante as cales a lexislación concursal disciplina os procesos de insolvencia.
  C54 CEI 7 - Coñecer a regulación nacional e os convenios internacionais máis relevantes relacionados coa materia.
  C55 CEI 8 - Saber resolver problemas no ámbito do Dereito marítimo a través da análise da xurisprudencia e documentación práctica.
  C56 CEI 9 - Coñecer as principais normas aplicables ao comercio internacional.
  C57 CEI 10 - Saber interpretar e aplicar a citada normativa así como os principais usos existentes no sector.
  C58 CEI 11 - Coñecer as principais teorías da interpretación e da argumentación xurídica contemporáneas.
  C59 CEI 12 - Coñecer as políticas e o Dereito Social da Unión Europea e a súa repercusión no ordenamento interno.
  C60 CEI 13 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos derivados das políticas e o Dereito Social da Unión Europea e abordar a súa solución mediante o manexo e interpretación de fontes xurídicas comunitarias e internas e a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
  C61 CEI 14 - Coñecer o marco normativo básico, os dereitos dos beneficiarios e as obrigacións empresariais en materia de Seguridade Social.
  C62 CEI 15 - Ser capaz de identificar problemas xurídicos propios do Dereito da Seguridade Social no ámbito da empresa e abordar a súa solución mediante o manexo e interpretación de fontes e doutrina xudicial.
  C63 CEI 16 - Coñecer de forma sistemática contidos propios do Dereito de Defensa da Competencia relacionados co Dereito Administrativo manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doutrinais e identificar os contidos propios do Dereito de Defensa da Competencia relacionados co Dereito Mercantil manexando fontes positivas, xurisprudenciais e doutrinais.
  C64 CEI 17 - Ser capaces de entender correctamente os documentos que integran un expediente administrativo de defensa da competencia e de actuar conforme a Dereito nun procedemento, tanto desde da posición da Administración como desde a da persoa interesada, así como de identificar as situacións de restrición da competencia no mercado, de solucionalas segundo a normativa aplicable e de previr situacións que atenten contra o dereito á libre competencia.
  C65 CEI 18 - Coñecer os impostos directos e indirectos que resultan de aplicación ao exercicio dunha actividade empresarial ou profesional por parte de emprendedores, traballadores autónomos ou sociedades de capital.
  C66 CEI 19 - Ser capaz de identificar problemas tributarios que se expoñen nas empresas e saber utilizar os principais instrumentos para a súa resolución, mesmo desde un punto de vista interdisciplinar.
  C67 CEI 20 - Coñecer as implicacións xurídico-tributarias da pertenza de España á Unión Europea.
  C68 CEI 21 - Coñecer os fundamentos e fins dos Convenios de dobre imposición, así como as medidas e solucións que ofrece o ordenamento xurídico para potenciar o intercambio de información tributaria entre países e loitar contra a fraude fiscal a escala global.
  C69 CEI 22 - Coñecer os mecanismos procesuais existentes, tanto a nivel español como da U.E., especificamente deseñados para lograr unha tutela áxil do crédito pecuniario.
  C70 CEI 23 - Ser capaz de identificar os problemas procesuais especificamente relacionados coa reclamación de débedas pecuniarias e abordar a súa solución a través dos mecanismos procesuais e extraprocesuais máis adecuados.
  C71 CEI 24 - Coñecer as particularidades do dereito penal e procesual de menores
  C72 CEI 25 - Ser capaz de identificar os problemas xurídicos penais e procesuais e abordar a súa solución mediante a interpretación e aplicación crítica da LO de Responsabilidade Penal do Menor e o seu regulamento de desenvolvemento.
  C73 CEI 26 - Coñecer as transformacións introducidas pola normatividade económica na normatividade constitucional.
  C74 CEI 27- Coñecer as normas civís relativas ao dereito de danos e a responsabilidade civil contractual e extracontractual con especial referencia á responsabilidade por feitos alleos e á responsabilidade obxectiva imposta legalmente.
  C75 CEI 28 - Coñecer as normas civís relativas á responsabilidade empresarial e profesional con especial referencia á responsabilidade por produtos defectuosos, na construción, a derivada de accidentes de circulación e a responsabilidade profesional xeral xunto coa específica sanitaria e da avogacía. Así como a que dimana de danos ao medio ambiente e as lesións aos dereitos da personalidade, entre outras.
  C76 CEI 29 - Coñecer o concepto, obxecto e funcións propias da Criminología, así como as penas privativas de liberdade e o seu réxime de cumprimento.
  C77 CEI 30 - Saber aplicar as técnicas da investigación criminolóxica, utilizar as regras de determinación da pena e analizar o sistema penal.
  C78 CEI 31 - Capacidade de identificar e comprender problemas xurídicos propios do Dereito penal de empresa a partir dun caso que reflicta unha situación real da vida profesional e abordar á súa solución de modo interdisciplinario.
  C79 CEI 32 - Coñecer as diferenzas entre os dous grandes sistemas xurídicos contemporáneos: o sistema romano-canónico europeo e o CommonLaw.
  C80 CEI 33 - Coñecer as particularidades do réxime xurídico dos métodos alternativos de solución de conflitos (MASC).
  C81 CEI 34 - Ser capaz de identificar a canle extraprocesual máis adecuado para a solución eficaz dos distintos tipos de conflitos que xorden no ámbito empresarial, e de interpretar e aplicar correctamente o seu específico réxime xurídico.
  C82 CEI 35 - Coñecer os principios xurídicos comunitarios que rexen a creación dun mercado único europeo e as características básicas dalgunhas políticas comunitarias.
  C83 CEI 36 - Coñecer a incidencia do Ordenamento xurídico da Unión Europea no Dereito Mercantil, así como a normativa da Unión Europea referida á materia xurídico-mercantil en diversos sectores económicos.
  C84 CEI 37 - Ser capaz de manexar fontes xurídico-comunitarias relativas ao ámbito mercantil, identificar problemas xurídicos e solucionalos segundo a normativa mercantil europea, así como interpretar e analizar criticamente as normas comunitarias referidas a distintos sectores do Dereito mercantil.
  C85 CEI 38 - Coñecer a utilidade e o funcionamento das Xurisdicións Contencioso-administrativa e Social.
  C86 CEI 39 - Adquirir unha formación básica que facilite no futuro o desenvolvemento profesional de actividades en ou ante órganos xudiciais das ordes Contencioso-administrativo e Social.
  C87 CEI 40 - Coñecer os principais problemas macroeconómicos, así como as distintas políticas e os seus efectos sobre o sistema económico, con especial atención ao estudo da política fiscal.
  C88 CEI 41 - Ser capaz de manexar e analizar información económica, a partir da cal desenvolver unha capacidade de diagnóstico e de deseño e implementación de políticas económicas.
  C89 CEI 42 - Coñecer as particularidades dos procesos civís e penais especiais (ou con especialidades) previstos no noso ordenamento xurídico, así como o réxime xurídico dos métodos alternativos de solución de conflitos (MASC).
  C90 CEI 43 - Ser capaz de identificar a canle procesual ou extraprocesual máis adecuado para a solución eficaz dos distintos tipos de conflitos, e de interpretar e aplicar correctamente o seu específico réxime xurídico.
  C91 CEI 44 - Coñecementos básicos da normativa e a xurisprudencia vinculada ao dereito Penal relacionada coa actividade mercantil e empresarial, así como as consecuencias xurídicas previstas para as distintas condutas delituosas.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión.
  D2 Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias.
  D3 Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal.
  D4 Capacidade de comportarse de maneira ética e con responsabilidade social como cidadán e como profesional, respectando a diversidade e multiculturalidade.
  D5 Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000