Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Antropoloxía da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Abordaxe e solución de casos relativos a antropoloxía da saude 15
Presentación Exposición por parte do estudante ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo 35
Resolución de problemas de forma autónoma O alumno mostrará capacidade e solucións para abordar problemas e casos relacionados con antropoloxía, aportando solucions e visión crítica 10
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumno deberá responder a exercicios nos que aportará unha ampla visión do tema solicitado, nun tempo determinado, relacionando conceptos e extrapolando aplicacións. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 AVALIACIÓN CONTINUA:


Implica asistencia regular a clase participando en todas as actividades de preguntas de desenvolvemento, resolución de problemas, presentación de traballo e estudio de casos.

Pódese perder a avaliación continua por ausencias non xustificadas (>10% das clases), ou non realizar traballo, non participar en resolución de casos, de problemas e preguntas de desenvolvemento que se van facer no semestre,  previo aviso do profesor.

 AVALIACIÓN FINAL: 

Cando  este sistema foi seleccionado ou  se perde o dereito a avaliación continua, é preciso superar un examen con preguntas de desenvolvemento que inclúe os contidos impartidos polo profesor, mais os casos e problemas que se fixeron en clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000