Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Antropoloxía da saúde
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
C11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e a familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
C15 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
C20 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades que se desenvolven para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade.
C24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde dos individuos e grupos.
C49 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de xestión da información.
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe.
D6 Habilidades nas relacións interpersoais.
D7 Razoamento crítico.
D8 Aprendizaxe autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000