Guia docente 2017_18
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica III
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade.
C28 Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
C30 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
C32 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Capacidade de xestión da información.
D4 Resolución de problemas e toma de decisións.
D7 Razoamento crítico.
D8 Aprendizaxe autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000