Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Xestión de enfermaría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia. Trátase da realización dun traballo de maneira grupal con contidos transversais da materia. Consistirá nun traballo final da materia onde se reflectirá un caso práctico para a posta en marcha dunha clínica ou similar. Disporanse de horas tuteladas durante a materia para a resolución das partes. 20 B13
B15
C45
C46
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D10
D11
Aprendizaxe baseado en proxectos Entrega de informes ou traballos de relacionados coa materia propostos polo profesorado durante as clases para a avaliación continua. Realizaranse até un máximo de seis dinámicas ou talleres en total que terán modalidade en grupo ou de forma individual dependendo do enfoque da actividade. DINÁMICA 1 Organizacións sanitarias DINÁMICA 2 Seminario hospital DINÁMICA 3 Xestión financeira DINÁMICA 4 "O líder" DINÁMICA 5 "Mercadotecnia“ DINÁMICA 6 "Xestión da calidade e seguridade do paciente" 20 B15
Exame de preguntas obxectivas Requisito de ponderación mínima para computar con resto de traballos, nota 4.0/10.
Minimo 40 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta e só unha correcta .
Cada pregunta incorrecta supón -0.33 puntos.
Exame parcial I (30%) e exame parcial II (30%)
60 B13
B15
C45
C46
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA:
 Para manter esta opción, é imprescindible a asistencia a clase sen poder superarse o 10% de faltas non xustificadas. 
 Avaliarase mediante actividades/traballos de clase (40%), exame parcial I (30%) cuxa data se publicará a través de Moovi e exame parcial II (30%) segundo calendario oficial publicado na web.
A nota mínima para superar ambos os exames será de 4/10 para optar a sumar as notas relativas das actividades. 
Os exames son tipo test con catro opcións de resposta (só 1 correcta) e con desconto de -0.33 puntos por cada pregunta mal contestada. As preguntas non contestadas non suman nin restan sobre a puntuación final. 
En caso de non superar con polo menos un 4/10 ambos os exames (parcial e parcial II ) non se aprobará a primeira convocatoria e o estudantado terá a posibilidade de realizar o exame de 2ª oportunidade en xullo. 

AVALIACIÓN  GLOBAL: 
Os alumnos que perdan ou renuncien á avaliación continua terán a opción de presentarse ao exame final que terá unha ponderación do 100%. REalizarase na data fixada polo centro e  publicada na web. 
Non existirán outras opcións de aumento de nota mediante traballos/dinámicas. Devandito exame terá a mesma modalidade tipo test que a anteriormente mencionada e avaliará a totalidade dos contidos impartidos na materia. 

2ª OPORTUNIDADE: 
Non se conservarán as notas das actividades presentadas na modalidade de avaliación continua. Por tanto o exame de 2ª oportunidade terá un valor do 100% da cualificación. 

 
TITORÍAS: O estudiantado ten á súa disposición un horario semanal para a resolución de dúbidas e/ou titorías con carácter presencial que será todos os xoves ás 19:05 h, cuxa solicitude terá que facerse con antelación ao profesor docente do temario de interese.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000