Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, consistente nun proxecto de educación para a saúde no ámbito comunitario.
Realizarase en grupo, baixo tiitorización da profesora responsable.
35 A3
A4
B2
C23
C24
C25
D1
D2
D3
D5
D6
D9
Instrucción programada Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos procedementais, habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesor ás actividades individuais e/o grupais que desenvolven os estudantes. 15 A3
A4
B2
B6
C20
C23
C24
C25
C26
D1
D2
D3
D7
D8
D9
Metodoloxías baseadas en investigación Mellora o procesamento da información en dominios específicos recorrendo a actividades de investigación científica. CURSO UVIGO: INFORMATE COA BIBLIO 10 A3
B6
C25
D1
D2
D3
D7
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Inclúen casos prácticos. 40 B2
B6
C20
C23
C24
C25
C26
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades. 

Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. 

 Avaliación Continua (AC): 

O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á EC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente). 

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: TRABALLO TUTELADO (35%), INSTRUCIÓN PROGRAMADA (15%), METODOLOXÍAS BASEADAS EN INVESTIGACIÓN (10 %) e EXAME (40%). 

Preguntas tipo test con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.

Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía para computar a avaliación continua, excepto no exame que será dun 5/10. En caso de non alcanzarse ditas cualificacións o estudante perderá a EC. 

Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a EC, serán cualificados mediante avaliación global. 

Avaliación global: 

Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia.

Exame tipo test de 100 preguntas, con 4 opcións de resposta. 

Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas. 

Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.

O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. 

2ª OPORTUNIDADE:

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, optarase por avaliación global. 

Compromiso ético:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000