Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, 20 A3
B7
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (AC): 

Os alumnos que opten pola avaliación continua, serán avaliados do seguinte modo:

- RESOLUCIÓN DE ESTUDO DE CASOS (20%): Os alumnos desenvolverán un caso baseado nun tema , de maneira individual e por escrito en horario lectivo sobre os contidos impartidos ata o momento. A data será publicada en Moovi e anunciada polo coordinador da materia na aula con antelación. 

 - EXAME PARCIAL DE MARZO (40%): Os alumnos realizarán un exame parcial dos contidos impartidos ata o momento. A data será a finais do mes de marzo de 2024, en horario lectivo e será publicada con antelación en Moovi e anunciada polo coordinador da materia na aula con antelación. 

Constará de 50 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán.

Os alumnos que obteñan unha puntuación igual ou superior ao 50%, eliminarán materia e non terán que examinarse desta parte no exame final de maio. 

 -EXAME FINAL DE MAIO (40%): Constará de 50 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas.

Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. 

Será necesario obter unha nota igual ou superior ao 50% para poder facer media coa nota obtida no desenvolvemento do casos e o exame parcial de marzo. 

 Aqueles alumnos que non eliminen materia no parcial de marzo, realizarán o mesmo exame (co mesmo número de preguntas 80) que os alumnos que realicen avaliación global. O estudo de casos, computará un 20% da cualificación e o exame un 80%. 

AVALIACIÓN GLOBAL: O estudantado que opte pola avaliación global ou que perdan o dereito á avaliación continua, realizarán o exame na data oficial establecida polo centro (100% da nota).

Constará de 80 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta e unha soa opción válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. 

2ª OPORTUNIDADE: 

 O 100 % da cualificación será a obtida no exame, de similares características ao da Avaliación global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000