Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20 A2
A3
D3
Exame de preguntas obxectivas EXAME PARCIAL OUTUBRO 2023
Proba para avaliación das competencias adquiridas até o momento que inclúe 45 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta + 3 preguntas de reserva.
40 C28
C29
C30
Exame de preguntas obxectivas EXAME FINAL XANEIRO 2024
Proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúe 45 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta + 3 preguntas de reserva.
40 C28
C29
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Os alumnos que opten pola avaliación continua, serán avaliados da seguinte maneira:

· RESOLUCIÓN DE ESTUDO DE CASOS (20%): Os alumnos resolverán un caso práctico de maneira individual e por escrito en horario lectivo sobre contidos impartidos ata o momento. A data será publicada en En Moovi e será anunciada pola coordinadora da materia na aula con antelación.

· EXÁMEN PARCIAL DE OUTUBRO (40%): Os alumnos realizarán un un exámen parcial dos contidos impartidos ata o momento. A data será o 24 de outubro de 2023 en horario lectivo. O exámen constará de 45 preguntas tipo test(+ 3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha sola válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneasrestarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. Os alumnos que obteñan unha puntuación igual ou superior ao 50%,eliminarán materia e non terá nque examinarse desta parte no examen de xaneiro.

· EXÁMEN FINAL DE XANEIRO (40%):O : examen constará de 45 preguntas tipo test (+ 3 preguntasde reserva) con 4 opcións de resposta e unha sola válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. Será necesario obter unha nota igual ou superior ao 40% para poder facer media coa nota obtida na resolución de casos (caso práctico) e o examen parcial de outubro.
Aqueles alumnos que non eliminen materia no no exámen parcial de outubro, en xaneiro realizarán o mesmo exame (co mesmo número de preguntas) que os alumnos que realicen avaliación global. Neste caso, a resolución do caso práctico, computará un 20% de de a cualificación do examen un 80%.

AVALIACIÓN GLOBAL:

Aqueles alumnos que opten pola avaliación global ou que perdan o dereito á avaliación continua, realizarán o exame na data oficial establecida polo centro (100% da nota final) . O exame constará de 75 preguntas tipo test (+ 3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha sóla opción válida. Non será obrigatorio responder atodas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán.

2ª OPORTUNIDADE:

O 100 % da calificación será a obtida no exame, de similares características ó exame global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000