Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Farmacoloxía e dietética
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B9 Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
B10 Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
C3 Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
C4 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
C5 Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable.
C6 Identificar os nutrientes e os alimentos en que se atopan.
C7 Identificar os problemas nutricionais máis habituais e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas.
C8 Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de xestión da información.
D4 Resolución de problemas e toma de decisións.
D7 Razoamento crítico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000