Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Ética e lexislación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20 A1
A3
A4
A5
C11
D1
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite profundar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B8
C52
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará un exame tipo test ou preguntas curtas, sobre o contido da materia, no que se inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, sendo só una a correcta. As preguntas en branco, non restan puntuación.
A cualificación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
PARCIAL I (30%) y PARCIAL II (30%)
60 A2
A3
B1
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.


A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación Continua (AC):

O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente). 

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula:
estudo de casos (20%), seminario (20%) e o 60 % restante mediante dous exames de preguntas obxectivas.

A realización do seminario é obrigatoria.
Parcial I (30%), en horario lectivo, na data publicada en moovi
Parcial  II (30%), esta coincide coa establecida para a avaliación global , pero o estudiantado que siga avaliación continua, verase liberado dos contidos xa avaliados, tendo en conta que se deberá obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10, en cada proba (inclusive o exame). 
En caso de non alcanzarse dita cualificación, nas probas previas ao exame, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación final para aprobar a materia. 
Aqueles estudantes que non poidan seguir a AC e/ou renuncien a esta, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da cualificación da materia. 

Avaliación global: 

Realizarase un exame global que supón o 80 % de cualificación da materia, dado que o 20 % do seminario é obrigatorio. Será tipo test con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 do total das respostas correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global.

Compromiso ético:
Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000