Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Idioma moderno: Inglés técnico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación e exposición do traballo en grupo. Seguirá as normas descritas na aplicación Moovi da materia. A parte escrita entregarase en formato PDF cun valor do 10% do total e a exposición oral valorarase cun 10% do total. 20 A2
A3
A4
Resolución de problemas de forma autónoma Proba na que o alumno debe resolver un exercicio baseado na compresión dun audio. Listening. 20 A3
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 A3
A4
B16
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Vocabulario técnico
20 A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: 

Os alumnos farán ao longo do curso unha serie de probas calificadas: 

Traballo en equipo e exposición oral en inglés co 20% do valor total da nota

Exercicio de listening co 20% do valor total da nota

Exame de preguntas obxectivas sobre o vocabulario técnico co 20% do valor total da nota.

No exame de xuño farán dous exercicios: unha tradución e unha compresión dun texto, co 40% do valor total da nota.

 No caso de que algunha das probas de vocabulario non se aprobaran ao longo do curso, deberán repetirse no exame de xuño, co que éste tería un valor do 60% do valor total da nota.

Avaliación global:

Farán a proba de listening na data anunciada na aplicación Moovi co valor do 20% do valor total. Na data oficial do exame realizarán exercicios de vocabulario, comprensión dun texto, tradución, entrega do traballo escrito e exposición oral do mesmo co 80% do valor total da nota final.

Todos os alumnos deberán facer todas as probas (vocabulario, traballo e exposición, tradución, listening e compresión de texto) para poder aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000