Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Seminario - Presentación de temas colaterais ao temario, de importancia pola súa actualidade, aplicación práctica ou como forma de integración dos contidos explicados anteriormente nas leccións maxistrais.
- Asistencia e participación activa, individual.
- En horario de clase.
- Número de seminarios e datas de celebración comunicaranse por parte dos profesores.
- Poderá incluír proba de tipo test de preguntas obxectivas a celebrar tras a finalización de cada seminario.
Presentación - Preparación de temas por parte dos alumnos, en grupos. Posterior exposición ante o resto da clase en presentación tipo Power Point.
- Exposición en horario de clase.
- A composición dos grupos e as datas de exposición serán comunicados polos profesores.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000