Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
20 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual e de acordo co profesor, elabora un traballo sobre a temática da materia ou realiza o resumo dalgunha das lecturas proposta.
É unha actividade autónoma do estudante, que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e correcta redacción.
10 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumno deberá responder a exercicios nos que achegará unha visión ampla do tema solicitado, nun tempo determinado, relacionando conceptos, extrapolando aplicacións, etc 40 A2
C14
C50
D1
D3
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
Realizarase exposición oral
30 A2
A3
C50
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro dia de clase o profesor entrega cronograma con detalle de datas para presentar traballos, horas de titoría, información sobre avaliación e resolve as dúbidas que presenten os alumnos en relación ao curso.

Cada alumno escolle entre avaliación continua ou avaliación global.

Avaliación continua:

O alumno asiste regularmente a clase, participa na elaboración do traballo en grupo, elabora traballo individual e cumplimenta as probas escritas ao longo do cuatrimestre máis ao final.

- As probas escritas referentes as exposicións do profesor e traballos grupais  (correxidos-resumidos polo profesor) cumprimentásense nos días posteriores a presentación en clase, se non alcanzan puntuación de 5 han de repetirse no examen oficial ao final do cuatrimestre. Supoñen o 40% da cualificación. (Se non se obtén polo menos puntación de 5, non se aproba a materia).

- Elabórase traballo en grupo con titorías e posterior exposición en clase (supón o 30% da cualificación).

- Realízase en clase estudo de casos, que avaliados mediante proba escrita (supón o 20% da cualificación).

- Elabórase traballo individual sen exposición, (supón o 10 % da cualificación).

Ainda no caso de ir conseguindo resultados satisfactorios no itinerario mencionado, o alumno tamén pode optar a proba de avaliación final para mellorar a nota, en sempre respetarase a cualificación obtida na avaliación continua.

Pérdese o dereito a avaliación continua cando as faltas non xustificadas superen o 10%,non se realice o traballo grupal ou non se entregue o traballo individual, nese caso ha de superar a proba de avaliación global, tal como ven descrita a continuación.

Avaliación global:

Se o estudante elixe esta modalidade, ou perde o dereito da avaliación continua, pode asistir a clases e participar nos traballos (non recibindo cualificación), pero ha de superar unha proba escrita global: (preguntas de desenvolvemento) que fai referencia a todos os contidos abordados no curso e compartidos en moovi, (exposicións do profesor e traballos de alumnos correxidos/resumidos polo profesor).

Datas de exames de 1ª e 2ª oportunidade, publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23.

O EXAMEN DE XUNIO SEMPRE TERÁ FORMA DE AVALIACIÓN GLOBAL NO QUE ENTRAN TODOS OS CONTIDOS ABORDADOS NO CURSO E COMPARTIDOS EN MOOVI.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000