Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiro Obradoiros teórico-prácticos, onde o alumnado terá acceso a contidos específicos, necesarios para o mellor desenrolo das súas prácticas clínicas:
- Uso de ferramentas dixitais e historia clínica electrónica.
- Prevención de riscos laborais.
- Vendaxes.
- Mobilización de pacientes.
- Ostomías.
- RCP.
Prácticum, Practicas externas e clínicas Se realizan nas Unidades asistenciais Médicas e Cirúrxicas en forma de rotatorio clínico independente. Permiten incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial razoamento clínico, xestión clínica e xuicio crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermería, baseados en principiose valores asociados ás competencias descritas que conforman o Título. Durante o transcurso de estas prácticas, a profesora manterá reunións periódicas comunes co alumnado, para poner en común experiencias e aclarar dúbidas, sen detrimento de aquelas que se poidan realizar de forma individual, tanto a petición do/da alumno/a ou da propia profesora.
Cartafol/dossier Avalíase a presentación dun caderno que entregarán ao finalizar as dúas
rotacións. Este caderno constará dun diario reflexivo sobor as prácticas
e un plan de coidados para un paciente que o/a alumno/a haxa elixido
nunha das dúas rotacións.
Prácticas de laboratorio As prácticas de simulación sirven para aproximar ó/á alumno/a á realidade, integrar a teoría con a prácticae adquirir habilidades necesarias, antes de realizar as prácticas clínicas nas unidades.
Ao finalizar as actividades na sala de prácticas de simulación, o/a estudiante será capaz de demostrar as habilidades de razoamento e destrezas precisas para realizar os procedementos que realizará posteriormente nas prácticas clínicas.
O desenrolo das prácticas de laboratorio realizarase da seguinte forma:
1. Exposición do procedimento, pola profesora, mostrando cómo identificar e informar ao paciente, manipular os materiais necesarios para a técnica, realización de dita técnica e as súas indicacións.
2. As/os alumnas/os repetirán o procedimiento diante da profesora, expresando dudas y acadando indicacións desta. Escenificarán unha situación a partir dun caso exposto pola profesora, simulando e aplicando individualmente, de forma integrada, todos os coñecementos. Isto repítese cantas veces sexa preciso ata que sexan capaces de realizar o procedemento, razoando cada paso.
3. Estableceranse grupos de estudantes, que realizarán, de forma rotatoria entre eles/as, os procedementos e irán recibindo as consideracións críticas dos/as seus/súas compañeiros/as de grupo.
Actividades introdutorias Consistirá nunha clase presencial, on line ou semipresencial, na que se impartirán as nocións básicas de comportamiento, normas e ubicación das diferentes áreas e servicios onde van realizar as prácticas clínicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000