Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases maxistrais dialogadas sobre temas de fundamento teórico. Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo, introduciranse elementos motivadores que inviten ao alumnado a participar, debater razoado e xerar un ambiente de aprendizaxe dinámico e aberto. Para que isto suceda, incorporaranse paralelamente os seguintes recursos didácticos e estratexias: exploración das ideas ou coñecementos previos do alumnado, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
Traballo tutelado O alumnado, individualmente ou en grupo, elabora documentos ou actividades sobre diferentes temas da materia. Elaborar investigacións, informes, comentarios críticos sobre lecturas, presentacións, etc. Polo xeral é unha actividade autónoma que inclúe a busca e recollida de información, lectura e xestión de bibliografía e uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
En xeral, o tema e o enfoque pode ser proposto polo alumnado, aínda que sempre é necesario o acordo previo co profesor.
Os traballos poden ser individuais ou en grupo a criterio do profesor.
Resolución de problemas de forma autónoma EXERCICIOS PROPOSTOS POLO DOCENTE SOBRE UN TEMA DETERMINADO
Debate DEBATE SOBRE UN TEMA DE ACTUALIDADE PROPOSTO EN CLASE
Presentación EXPOSICIÓN DUN TEMA DE EDUCACION AMBIENTAL
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000