Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Galego
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
B2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
B3 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
B4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
B6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
B11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
C1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar
C4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento
C46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma correspondente
C49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas
D1 Capacidade de análise e síntese
D3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
D12 Habilidades nas relacións interpersoais
D13 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D14 Razoamento crítico
D18 Creatividade
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000