Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Matemáticas e a súa didáctica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentación de problemas resoltos expostos pola profesora. Valorarase o razoamento realizado no proceso de resolución e unha boa expresión matemática. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B7
B9
B10
C38
C39
C40
C42
D1
D2
D3
D7
D8
D9
D14
D16
D18
D21
D22
Traballo tutelado Presentación dunha proposta matemática, mostrando coñecemento do currículo escolar desta materia para Educación Primaria. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B9
B10
C38
C40
C42
D1
D2
D3
D7
D8
D9
D12
D14
D16
D18
D21
D22
Exame de preguntas obxectivas Parte da proba escrita na que o alumno/a deberá responder a cuestións de resposta curta relacionadas cos contidos expostos ao longo do cuadrimestre. As respostas deberán ser claras, *concisas e sen faltas de ortografía. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B9
C38
C39
C40
D1
D2
D3
D6
D8
D16
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Parte da proba escrita na que o alumno/a deberá resolver problemas relacionados cos contidos da materia. Valorarase positivamente: - os razoamentos nas resolucións, - a boa expresión matemática. 30 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B10
C38
C39
C40
C42
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D18
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación
pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas
xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta
tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación
activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. Para
iso, é necesaria a asistencia continuada ás clases, por encima do 80% das
sesións programadas.


A cualificación final do sistema de avaliación continua será o
resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades
realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no
cadro superior, sempre que se obteña a cualificación de aprobado en cada unha
delas (nota mínima de 5 sobre 10). No caso de non cumprir os requisitos mínimos para superar a materia, a
cualificación en actas será:


                                 mín (4, (Proba
práctica+Proba teórica)/2)


Aqueles estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria
manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán
que realizar novamente o exame e/ou os traballos/actividades non superados na
segunda convocatoria.


As datas e horarios das probas de avaliación de ambas as convocatorias
correspóndense coas marcadas no calendario de probas de avaliación do
curso 2023-24 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/



AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12
horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá
segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación,
a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.


Todo traballo copiado que se descubra ao longo do curso, penalizará por igual, tanto aos estudantes
que copian como aos copiados, e non se admitirá ningunha entrega fose do
prazo establecido. En ambos os casos, dita penalización implicará un 0 na
súa cualificación. 


Os correos electrónicos serán
atendidos sempre que sexan enviados cunha correcta redacción e con información
en Asunto que permita identificar o contido do mesmo.


Estes criterios de
avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos
estudantes na materia polo que poden sufrir lixeiras modificacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000