Nesta materia, estudaranse os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais, de
maneira que o alumno adquira a formación necesaria neste ámbito, para o exercicio da súa actividade
profesional.
O seu contido desenvolverase considerando os máis cotiáns feitos e fenómenos da nosa contorna,
orientando ao alumnado, á formulación e resolución de problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.