Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Historia: Historia do presente
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación As exposicións faranse sobre temas propostos pola profesora. Poranse en común na aula, onde se valorará a estrutura dos contidos, a boa disposición para traballar en grupo, a eficacia para solicitar e seleccionar a información, a capacidade para falar en público, a presentación, etc.
Traballo tutelado Traballos realizados de maneira individual ou en grupo polo alumnado, orientados ao achegamento á bibliografía especializada, aos instrumentos de recompilación de información e ás fontes propias da Historia do Presente. Realizaranse fóra e dentro da aula, tutelados polo profesor.
Seminario A profesora proporá a asistencia a diversas conferencias e actividades culturais que teñan interese para o desenvolvemento da materia.
Traballo tutelado Presentación e entrega, nas datas sinaladas, dos traballos realizados de maneira individual ou en grupo por parte do alumnado. Valorándose o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Seminario Resolución de dúbidas sobre a materia explicada nas leccións maxistrais, sobre as lecturas recomendadas para a presentación das clases prácticas e seminarios.
Resolución de dúbidas e problemas que poidan aparecer a medida que se desenvolva a elaboración do traballo en grupo.
Resolución de calquera outra dúbida ou problema que se lle poida expor ao alumnado
Lección maxistral Explicación dos contidos da materia pola profesora, debates dirixidos, achega persoal do alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000