Traballo tutelado |
Realizásense 3 traballos que serán tutelados e dirixidos polo profesor. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, e o seu formato axustado aos estandares cientificos. Así mesmo as exposicións serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido, o dominio dos mesmos, e a preparacion dos materiais pertinentes. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12
|
C1 C7 C10 C12 C13 C14 C15 C17 C20 C22 C24 C62 C64 C68
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15 D16 D18 D22
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
O profesor proporá problemas sobre contidos especificos que acheguen actualidade, reflexion critica ás tematicas traballadas en clase. Asi mediante o traballo persoal e reflexivo profundarase nos campos do labor educativo que mais valor teñen no seu quefacer profesional futuro, valorandose a súa asistencia e participacion ás clases. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12
|
C1 C7 C10 C12 C13 C14 C15 C17 C20 C22 C24 C62 C64 C68
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15 D16 D18 D22
|
Lección maxistral |
Realizarase unha proba escrita, ao final do cuadrimestre. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12
|
C1 C7 C10 C12 C13 C14 C15 C17 C20 C22 C24 C62 C64 C68
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15 D16 D18 D22
|
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plagiado ou realizado pola I A será cualificado cun 0.
A Avaliación é Continua, e para superar a materia será necesario ter realizados os traballos que se fagan durante o curso, e o exame final. Deberase aprobar cada un dos traballos e o exame final.
A Avaliación Global será para os alumnos e alumnas que non poidan asistir a clase por circunstancias especiais. Deberano comunicar á profesora ao principio do cuadrimestre para concretar a súa situación. Deberán superar o exame e facer un traballo que se concretará co profesor. A data de exame será a publicada oficialmente na web da facultade. O horario de tutoría comunicarase a principio de curso. |