Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Fundamentos didácticos e organizativos do ensino
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
B4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
B6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
B8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
B9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable
B10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
B12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
C1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo 6-12 no contexto familiar, social e escolar
C8 Coñecer os fundamentos da Educación Primaria
C9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan
C10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e legislativos da actividade educativa
C17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en Educación Primaria
C18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade
C21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no periodo 6-12
C26 Coñecer o currículo escolar destas ciencias
C35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos
C64 Relacionar teoría e práctica coa realidade do aula e do centro
C66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro
C69 Estas competencias, xunto coas propias do resto de materias, quedarán reflectidas no Traballo fin de Grado que compendia a formación adquirida ao longo de todos as ensinanazas descritas
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D14 Razoamento crítico
D15 Compromiso ético
D16 Aprendizaxe autónoma
D18 Creatividade
D19 Lideranza
D22 Motivación pola calidade
D23 Sensibilidade por temas medioambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000