Guia docente 2026_27
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Desenvolvemento da linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Actitude. Participación activa e significativa nas clases cando é requirido. A mera asistencia non será obxecto de avaliación xa que é requisito imprescindible para realizar a avaliación continua. 10 A1
A2
B2
B6
C1
C4
C7
C43
D1
D3
D6
D7
D15
D21
Traballo tutelado Traballo en grupo no que o alumnado deberá analizar detalladamente o desarollo da linguaxe dun neno ou nena da súa contorna. O traballo terá que ser entregado en papel ou na plataforma indicada e exposto oralmente. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B9
B11
C1
C2
C4
C6
C7
C11
C17
C21
C43
C47
C49
C62
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D14
D16
D17
D18
D21
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 20 A2
B6
C6
C7
D1
D7
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame escrito con preguntas de desenvolvemento. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C4
C6
C7
C17
C43
C47
C49
D1
D2
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia é continua, polo que a entrega e realización dos traballos é obrigatoria para todo o alumnado. No caso de que alguén non cumpra este requisito, perderá a avaliación continua e terá que presentarse ao exame global da materia nas datas oficiais propostas polo centro (www.escuelamagisterioceuvigo.es/).

Ao longo do cuadrimestre levarase a cabo unha avaliación continua do alumnado na que se valorará a asistencia, a actitude axeitada e a participación activa nas clases.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista ás clases ou se ausente máis dun 20 % do cómputo total das sesións impartidas deberá acollerse ao sistema de avaliación global, que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, Cualificación e Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo o 18 de abril de 2023.

Para o alumnado que non poida asistir presencialmente ás clases desde o inicio do curso, será obrigatoria a entrega e exposición dun traballo individual ao final do cuadrimestre (30 %) e a realización do exame oficial (70 %) nas datas propostas polo centro (https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/). Para optar a esta modalidade de avaliación será necesario poñerse en contacto coa profesora durante o primeiro mes de clase. É condición indispensable aprobar cada unha das partes por separado. Cunha cualificación inferior a 5 non se realizará a media.

Para os traballos e entregas propostas estableceranse datas de entrega inamovibles. Cada día de atraso será penalizado cun punto menos na cualificación da correspondente práctica.

O alumnado repetidor deberá acollerse aos criterios de avaliación da guía docente vixente no presente curso académico.

Todo traballo copiado, plaxiado ou realizado mediante IA será cualificado cun 0.

Como criterios de avaliación consideraranse a corrección na realización dos traballos, a súa claridade expositiva, a súa estruturación e sistematización, a corrección ortográfica, a orixinalidade e creatividade, a capacidade crítica e autocrítica, a incorporación de bibliografía, a organización e estruturación da información, a adecuación ao contexto, a xustificación dos aspectos pedagóxicos dos recursos deseñados, a implicación do alumnado na realización e desenvolvemento das actividades prácticas, a claridade expositiva, a estruturación das ideas e o espírito crítico na presentación dos contidos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000