Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Xeografía para mestres
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
B2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
B3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
B4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
B5 Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
B7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
B11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
B12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
C13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuales e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e intergeneracionales; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostenible.
C24 Dominar as técnicas de observación e rexistro.
C29 Valorar a importancia do traballo en equipo
C34 Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, geométricas e de desenvolvemento lóxico.
C36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
C37 Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
C39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostenible.
C40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados
C41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
C44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D5 Coñecemento de informática
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D15 Aprendizaxe autónoma
D17 Creatividade
D19 Coñecemento doutras culturas e costumes
D21 Motivación pola calidade
D22 Sensibilidade por temas ambientais
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000