Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas O profesor ofertará ao alumnado unha recompilación de textos. O alumno pola súa banda elixirá entre entre os textos ofertados. Consistirá nunha análise crítica-reflexivo relacionado coas temáticas traballadas dentro dos contidos.
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Os alumnos pola súa banda coa oportuna orientación do profesor, profundarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dunha maneira moi xenérica na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes. O alumno realizará procuras documentais e bibliográficas para a maior comprensión dos contidos.
Traballo tutelado Os traballos de aula (traballos monográficos) terán como cometido a iniciación á investigación. Estes traballos versarán sobre unha temática previamente achegada polo profesor e relacionada coas temáticas dos bloques de contido.
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ao grupo de clase polo profesor, achegando a documentación necesaria para o coñecemento dos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000